Nela de Bres

(Entrada medio escrita en Junio de 2012)

Emocionante recibir na casa o libro – disco homenaxe a “Nela de Bres”

Personalmente, todo un descubrimento, porque aunque tiña oído falar de Nela, nin lhe poñía cara, nin era consciente do que representaba como gaiteiro e persona.

Agradecida de ter nas miñas maus e nos meus oídos este cuidado homenaxe, esta magnífica posta en valor da música tradicional da zona da “raia” asturgalaica.

Podes ler mais ou facerte con este tesoro aquí.

E aquí parte da letra da primeira canción do disco

Música de pobres chamáronlhe a gaita,

algunhos senhores ca barriga farta.

E a xente de os pueblos,

pra facer as festas,

en vez de gaiteiros buscaron orquestas.

E a gaita olvidada,

acabou a pobre de un calvo colgada sin que naide a toque,

en un recanto oscuro,

olvidada da xente a gaita estuvo,

como a arpa de Becquer.

E alí unha rata,

alí no seu fole,

criou unha niada de ratinhos, nove.

E choraba a gaita,

e choraba a pobre,

como aquel que a alma lhe roe.

Nun chores gaitiña,

por favor, nun chores,

xa traerá a vida outros tempos melhores,

tú serás a alegría, de ricos e pobres.

Nun chores gaitiña,

por favor, nun chores.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *