Vivir no campo – “¿Podería ser labrega?”

Filla de labregos que deixaron a piel nun lugar chamado Lourido. Desde piquiniña – o igual que meus irmáns – axudando na casa, formando parte activa do modo de vida da familia e aprendendo moitos valores (esfuerzo, disciplina, unidad, cooperación, traballo en equipo,…). A dureza da vida dos meus pais e o seu grandísimo esforzo permitiume estudiar unha carreira “para optar” a un futuro “mellor”.

As miñas raíces olen a terra e a vaca.

A principal actividade familiar: unha pequena ganadería de vacas de leite. Actividades complementarias: o traballo a xornal de meu pai no monte, e cultivo de fabas. Ademáis de iso, na miña casa sempre houbo unha boa horta, abellas e frutales.

Foron muitas as horas traballadas, pero non as suficientes pa decir “podería ser labrega”. Por un lado, nun é o mismo facer certas tareas do campo, que telo todo na cabeza e facelo. Por outro lado, as veces pensamos que por tar en contacto con as cousas e suficiente pa apropiarte das mesmas. Ilusos que somos. Aunque o principal motivo de isto e que a propia xente do campo infravalora (desgraciadamente) a súa sabiduría, ocasionando que nun lle den importancia a transmitir ese saber facer as novas xeneraciois.

A raíz da rabia de perder toda a experiencia do meu padre do monte e do manexo de frutales surxe a idea-proxecto de valorizar e documentar o saber facer no campo das miñas raíces,… con vistas a poder decir “podería ser labrega”. Pra iso terei que aprender e apropiarme dos coñecementos tradicionais actuais e recuperar algún do pasado, así como desaprender algunhos de eles pa buscar e incluir compoñentes máis sostibles.

Na medida do posible, intentarei compartir este proceso de aprendizaxe, desaprendixaje e evolución nesta venta.

Esta entrada ha sido publicada en Sin categoría y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.

3 respuestas a Vivir no campo – “¿Podería ser labrega?”

  1. Andrés dijo:

    🙂 qué gracia, esta entrada recordoume unha miña de hai moitos anos. a vantaxe competitiva de ser labrego! http://nosolosoftware.com/un-toque-de-humor-a-vantaxe-competitiva-do-espiritu-rural-galego/

  2. carmolqui dijo:

    Graciosa coincidencia!, hai (algunhas) cousas que nun cambian!

  3. Iago Breogán dijo:

    Gran entrada para comenzalo teu blog, Carmela! Aparte da presentación, claro. E encántame o voso galego raiés coma ti dis.
    Intentarei seguilo e se hai algunha forma de suscribirse para que apareza un aviso no meu correo cando fagas unha nova entrada e ma explicas, estupendo, porque busquei e non vexo como.
    Bicosmil

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *