Mentras desfago a maleta en Brasília, escuito unha entrevista na tele local do Occidente asturiano – ORT – a unha escritora da Veiga, Belén Rico que presenta o seu poemario «Algunhas maos».
Si tedes un cacho, recomendovos que escuitedes toda a entrevista aquí.
Esta entrevista, acércame as miñas raíces e reafírmame en falar a miña fala y en cuidala pa que nun morra.
Quédome con un dos poemas que recita, sobre a fala, a nosa fala, a miña fala. Poema, que a sua vez é musicado por o grupo da Veiga local Darbukka, podeis descargar a canción aquí.
A fala escuita (Belén Rico)
Elos tein a chave y a pechadura,
a nosa fala, escuita.
Elos fain a lei y a trampa,
a nosa fala, escuita.
Cambian as palabras,
fain de vellas novas,
traen novas de lonxe,
sin son, que nun sonan,
a nosa fala, escuita.
Fala, berra lougo,
escouca,
votate pra calle,
sale pola porta,
engala del eiro,
del aire, al aire.
Fala, fala agora,
deixalos ben mudos,
berra, fala nosa.