Vivir no campo – As vacas

Fai unhos meses a miña madre e máis eu víamos saír as últimas tres vacas de casa Quiroga.
Desde sempre houbo vacas na casa. Ahora empezamos outra etapa que o tempo dirá hacia dónde nos levará.
Intentei convencelas para facer unha foto de grupo  o último día,…pero nun quixeron, asique elegin unha de elas

A principios do século pasado eran utilizadas para consumir o pouco leite que daban, pa criarlles un xato e si nun tiñas “bois” usábanse para as  labores de campo (arar, traer carros de estrume ou de leña,…etc). Os xatiños vendíanse para carne xa cebados, sendo ésta unha das principais fontes de ingresos, a outra era ir o “xornal”. De aquela eran vacas “rubias” ou vacas “ratinas” as que había.  O labor que daban era “alindalas” por a corda pa que nun pacesen no do vecín, ou nun pacesen os “casos” de maíz, os nabos ou o trigo. Si nun se alindaban por a corda, alindábasen soltas no monte. Esta labor era unha labor mayoritariamente de nenos e personas maiores.

Anécdotas de nenos.
Lourido, mil novecentos cincuenta e pico.
Meu padre e meu tío iban alindar as vacas o monte. Meu padre subíase a un pino e desde alí, mentras cantaba “Doce cascabeles lleva mi caballo” , vía as vacas e decialle o seu irmau:
“¡Adolfo!, ¡torna ahí a Gallarda!”, “¡Adolfo!, ¡torna da boqueira a Morica!”. Así foi, hasta que un vecín lle dixo a miña abola que un miraba mentras o outro traballaba. Desde ese día iban un día cada un.

Na década dos 50 (aproximadamente) empezouse a vender o leite. Para iso, había que levalo andando hasta  a Veiga de Ouria (1 km aproximadamente), dónde un vecín levaba o leite do pueblo hasta Abres, lugar dónde pasaba un camión recollelo.
Aquí podemos ver as cantidades de leite que se vendían por o ano 1965, o precio do leite era de 5,5 pesetas.

Non foi hasta década dos 60 que pouco a pouco empezaron a  chegar as vacas pintas, as vacas de leite. Unhas vacas que cambiaron e que siguen a cambiar o rural de esta terra.
Na miña casa:

O bidón deu paso o enfriadero no ano 1988.
O caldeiro deu paso primeiro a ordeñadora  (no ano 1978) e despois o “circuito” que levaba directamente o leite o enfriadeiro (no ano 1999).
O traballo comunitario e técnicas tradicionais deron paso a mecanización e industrialización do campo.

Os meus padres, viviron parte de ese proceso.

En 1971, pouco antes de casarse os meus padres (no 1973), amañaron un pouco a cuadra na planta baixa da casa.

Durante década dos 60 empezouse a vender o leite a compañía láctea lucense “Loran” e hasta que se jubilaron meus padres (2006) foi a esa empresa familiar a quen se lles vendeu o leite.

Hasta o 1988 día a día viña un leiteiro recoller o leite en “lecheras” ou “bidois” o fondo do pueblo (“O Pozo”). Nesa época o leiteiro impoñía darlle unha propina mensual (co pago do cheque), si nun a pagabas creabas un conflicto con él. Nosoutros éramos dos que nun pagábamos.
Ca chegada da “refrigeración” do leite o final da década do 80 empezouse a recoller o leite cada dous días nas casas.

A entrada de España na Unión Europea (1986), supuxo vivir os efectos da Política Agraria Común (PAC). Nun me vou meter en exceso neste tema – por descoñecemento e porque daría para outra entrada – pero algunhos dos efectos da PAC foron:

  • A millora dos controles de calidade na producción de leite (e carne): Saneamento anual do ganado, control sanitario da medicación do ganado, control da calidade da leite,…
  • A industrialización da ganadería de leite, subvencionando a inversión en modernización de instalaciois e de maquinaria.
  • Promoción do abandono das pequenas ganaderías (como a dos meus padres), fomentando as grandes ganaderías.
  • Control da producción láctea mediante a “cuota láctea”, forzando os ganadeiros a invertir en compra de cuota (co seu correspondiente endeudamento) ou a vender en negro a un precio moi baixo.
  • A burocratización da xestión de unha ganadería.

A ganadería de meus padres foi unha ganadería de supervivencia (15-20 reses), sin grandes inversiois (por nun haber perspectivas de que algún dos fillos lle deramos continuidad) e con un gran compoñente de traballo bruto co seu detrimento na salud física de meus padres.

Cando no 2006 se jubila meu padre por enfermedad e a miña madre se acolle o “abandono” da ganadería de leite – vendéndolle a cuota o estado – pásase a ter 3 ou 4 vacas rubias de carne pa manter as fincas, criar un xato pa casa e vender o resto. Nesta última etapa, as vacas foron un pasatempo.

A vaca forma parte da miña historia e en esta nova etapa sin elas, nótase o seu vacío.

NOTA: esta entrada nun podería ser posible sin a miña querida madre Lita Quintana, que ademáis gentilmente accedeu a compartila.

¿Sabías qué?

Ter unha “vaca de amo” era cando lle tiñas que pedir a alguen que che comprara unha vaca – a vaca de amo – e os cartos que deran os xatos da vaca eran a medias entre o amo (que poñia os cartos pa compra da vaca) e a persona que mantiña a vaca e o xato.

Esta entrada ha sido publicada en Sin categoría y etiquetada como , . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *