(Entrada escrita en Mayo de 2012)
Ahora que chega o bon tempo e que tou na casa, voto en falta a bicicleta como medio de transporte!
Curioso descubrir –por casualidad- a historia [1] da bici do meu padre. A principios da década do 60 con menos de 19 anos meu padre comprou a sua primeira e única bicicleta. Pa comprala vendeulhe pezas de madeira – sin que se enterase o seu abolo – a seu tío e tamén anduvo de pino en pino, cual ardilha, pa colher pinas e vendelas.
Foi o seu primer medio de transporte (despos viria a motocicleta, os dianes, o 4 latas, o peugeot,…) con a que, por ejemplo, foi co seu primo Luis de Carballais hasta cerca de Foz (a unhos 30-40km) pa contratar orquestas (ou comprar fuegos) pa festa de Lourido. Cando chegou de volta, había desfeito un zapato (recén estrenado) con un pedal da bici que taba mal.
Con esto tamén me acordo que nos últimos anos de vida de meu padre eu lhe facia de rabiar a él e a minha madre con que lhes iba comprar unha bicicleta, él ríndose decíame que “Cando queiras, eu baixo nela e mamá súbela”,…esta broma (ou “brincadeira” como dirían por Brasil) chegaría hasta os seus últimos dias no hospital (época de desarrollar o humor surrealista e de reirse hasta de un mismo).
[1] Esta historia é reconstruida gracias os recuerdos da miña querida madre.
Pingback: Bicicleteando por Brasília! | Carme Diamdo polo mundo